O colexio partipa no acto de constitución do Clúster TIC de Galicia

Durante o intermedio do acto e ao final do mesmo, os membros do CPEIG e CPETIG aproveitaron para intercambiar opinións sobre a marcha actual dos dous colexios.
Acto de constitución do cúster TIC

O pasado xoves 31 de xaneiro tivo lugar no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela o acto de constitución do Clúster TIC de Galicia, do cal o CPEIG e membro fundador. Na actualidade o Clúster TIC de Galicia engloba a 117 membros relacionados co sector, entre os que se atopan empresas, colexios profesionais, administracións públicas e asociacións.

Por parte do CPEIG asistiron ao acto o presidente, Fernando Suárez, o secretario, Juan Antonio Valiño, e o vicetesoureiro, Antón Campos. Este último desempeña na actualidade o cargo de secretario da xunta xestora provisional do Clúster TIC de Galicia.