Os colexios de informática de Galicia mantiveron nestes días unha reunión co deputado polo BNG no Congreso Francisco Jorquera

O encontro centrouse no Espazo Europeo de Educación Superior, na falta de regulación, na inexistencia de responsabilidade civil ante erros informáticos e na transposición das Directivas Europeas que afectarán a estas enxeñarías.

O diputado do BNG Francisco JorqueraAs  directivas do CPEIG e o CPETIG agradeceron, no nome do colectivo ao que representan, o apoio recibido polo BNG na Comisión de Ensinanzas Universitarias no Congreso respecto á Proposición non de Lei sobre contidos e competencias da Enxeñaría Informática,  así como o seguemento (a través da presentación de  preguntas parlamentarias) que o BNG está a facer sobre os pasos que o Goberno está a dar para afrontar a actual "crise" da Enxeñaría e da Enxeñaría Técnica en Informática.

Os representantes dos Colexios e Francisco Jorquera debatiron sobre a situación actual dunhas Enxeñarías, actualmente debilitadas polo trato discriminatorio dado polo Goberno con respecto ás demais Enxeñarías . Ditos representantes explicaronlle toda a problemática actual e a situación de agravio que están a vivir as titulacións,  así como lle aclararon que non é o obxectivo dos Colexios expulsar ós non titulados en enxeñarías en informática do sector nen crear reservas de actividade profesional, se non loitar polo recoñecemento profesional dos seus titulados, asegurar a existencia de responsabilidade civil ante "erros informáticos", así como traballar  pola regulación dun sector que cada vez é máis importante e crítico no desenvolvemento económico do país.

Por outra parte, os Colexios presentáronlle diversas iniciativas que se están a levar para recabar o apoio do seu Grupo tales como: a petición formal dende cada Parlamento autonómico da creación dos Consellos Xerais de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática, a regulación do título (a través da creación das fichas), e a regulación profesional que se abordará a través da transposición da Directiva 2006/123/CE, de Servizos.

Francisco Jorquera amosouse disposto a colaborar e impulsar no Congreso, e no nome do grupo ó que representa, estas e outras iniciativas para o recoñecemento por parte da Sociedade dos profesionais das Enxeñarías en Informática, a igualdade profesional e educativa co restos de Enxeñarías nos distintos procesos abertos, así como para garantir a existencia de regulación e responsabilidade profesional e civil no sector da informática.