Mesa redonda sobre a regulación da nosa profesión

No marco da celebración do XXV Aniversario dos estudos de Informática na Rexión de Murcia, a Facultade de Informática organiza un debate sobre a regulación da nosa profesión.

Logo da Universidade de MurciaTodos os/as Enxeñeiros/as en Informática están invitamos a asistir a través de Internet (http://tv.um.es/directo) ou ben presencialmente. A mesa redonda celebrarase HOXE xoves 26 de febreiro a partir das 17.30 no Salón de Actos da Facultade de Informática de Murcia, contando coa seguinte participación:

Relatores invitados

  • Javier Pagés, Licenciado en Informática pola Universidade de Valladolid. CEO da empresa Informática Forense. Presidente de AI2-Federación Española de Asociacións de Enxeñeiros en Informática. Desde 2001 dedícase á consultoría como asesor técnico e perito informático, especializándose nas áreas de seguridade e informática forense.
  • Antonio Robles Martínez, Director da Escola Técnica Superior de Informática aplicada, Universidade Politécnica de Valencia.
  • José Muelas, Secretario de TIMUR (Asociación Murciana de Empresas del Sector de las Tecnologías de la Información, das Comunicacións e do Audiovisual da Rexión de Murcia), que é AETIC na nosa rexión.
  • Félix Faura, Reitor da Universidade Politécnica de Cartagena, Membro da Comisión de Enxeñarías e Arquitectura da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas.

Moderador

  • Carmelo López Pérez, Decano do Ilustre Colexio de Enxeñeiros en Informática da Rexión de Murcia.