Modificación de datos persoais ou bancarios

Documentación necesaria

Para modificar os datos persoais ou bancarios asociados á colexiación ou á pre-colexiacióné precisa a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do DNI ou pasaporte.
  2. No caso de modificar os datos bancarios será preciso un documento da entidade bancaria onde consten o/a colexiado/a como titular da conta e os 24 caracteres do código IBAN da conta corrente. Pode ser calquera tipo de documento bancario que inclúa a información anterior (impreso sacado da web, fotocopia da primeira páxina da libreta, etc).
  3. Formulario de modificación de datos cumprimentado e asinado [descargar].

Onde entregar ou remitir a documentación

Os documentos para a modificación de datos deben entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:

Rúa Fernando III O Santo 13 1ºA
Teléfono: 981 592 773 – Fax: 981 553 997
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)