A USC apoia a regulación da Enxeñaría Informática

Fernando Suárez, Presidente do CPEIG, e Senén Barro, Reitor da USC, reuníronse a comezos de febreiro para abordar a necesidade de avanzar na equiparación desta titulación coas demais enxeñarías.

Logotipo da Universidade de SantiagoO presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez, mantivo a comezos de febreiro unha xuntanza co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, na que lle expuxo a urxencia de regular o exercicio profesional dos enxeñeiros informáticos. Neste sentido, abordouse especialmente a necesidade de avanzar na regulación dos estudos de Enxeñaría Informática e a posibilidade de elaborar a ficha para esta titulación.

No encontro, que puxo de manifesto a proximidade de ambas entidades con respecto á problemática da profesión, tamén comentaron os avances que se produciron desde a reunión desenvolvida no Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía en xaneiro. Ademais, Fernando Suárez e Senén Barros coincidiron no seu interese por establecer un convenio de colaboración entre o Colexio e a Universidade.

Por outra banda, o reitor da USC vén de reafirmar publicamente o seu apoio expreso á regulación da Enxeñaría Informática no marco dunha conferencia-coloquio desenvolvida en Valencia. Por este motivo, Fernando Suárez remitiulle unha carta na que lle transmite o seu agradecemento no nome de todos os profesionais colexiados no CPEIG.