A plataforma www.huelgainformatica.es convoca unha manifestación multitudinaria para este sábado en Compostela.

A convocatoria está secundada pola RITSI, plataforma que aglutina as delegacións de alumnos das Facultades e Escolas de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática.

Cartel da manifestación do 21F en Santiago de Compostela

Baixo o lema "Galicia por unha informática digna" os profesionais da enxeñaría e a enxeñaría técnica en informática de Galicia percorrerán as rúas de Compostela para reivindicar unha vez máis que se regule a súa profesión e se lles confiran os mesmos dereitos e obrigas que aos profesionais doutras ramas da enxeñaría.

O CPEIG, na liña do comunicado feito público onte, quere manifestar o seu apoio a esta convocatoria e anima a todos aqueles que o desexen a asistir.

Maís información en www.huelgainformática.es