O Grupo Mixto pregunta polos pasos que está a dar o Goberno na “crise” das enxeñarías en informática

A iniciativa goi lanzada polo BNG a través do deputado Francisco Jorquera e o senador Xosé Manuel Pérez Bouza.

O Grupo Mixto presenta preguntas por escrito no Senado sobre os pasos que está a dar o Goberno para o cumprimento da moción aprobada por unanimidade na Comisión de Ciencia e Innovación desta Cámara o día 12 de novembro.

Así o BNG fai as seguintes preguntas:

  • ¿Vai o Goberno incorporar, no prazo máis breve posible, as titulacións do ámbito da Enxeñaría Informática (grao e máster) na discusión do conxunto das enxeñarías?
  • ¿Vai o Goberno a definir solucións transitorias para que a enxeñaría informática teña o mesmo trato que o resto de enxeñarías ata o desenvolvemento lexislativo da regulación das profesións no marco da transposición da Directiva Europea de Servizos?
  • En concreto, ¿vai modificar e/ou actualizar o listado das especialidades de enxeñaría que figuran enumeradas no Decreto 148/1969, de enxeñarías reguladas, para incluír a Enxeñarías Técnica en Informática?
  • En todo caso ¿Que pasos está a dar o Goberno para cumprir a moción aprobada o pasado 12 de novembro na Comisión de Ciencia e Innovación do Senado neste sentido?