O colexio celebra a xornada “Uso da certificación dixital e sinatura electrónica”

O CPEIG contou co apoio da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia para a organización deste evento.

Xornada Uso da certificación dixital e sinatura electrónicaA xornada realizouse o día 13 de decembro, ao amparo dun convenio de colaboración coa Consellería de Innovación e Industria.

Unha das conclusións da xornada foi o deficiente soporte do dni-e sobre plataformas gnu-linux.

O secretario do colexio, Juan Valiño, referiuse na súa intervención á grande aplicación que ten a certificación dixital e a firma electrónica na administración electrónica e que a súa implantación pode ser comparada coa aparición das tarxetas de crédito no eido da banca.

Xornada Uso da certificación dixital e sinatura electrónicaOs asistentes ó evento tiveron a oportunidade de coñecer conceptos xerais sobre sinatura electrónica e tarxetas de cifrado, o estado do arte actual da tecnología de sinatura electrónica. Tamén realizouse unha sesión práctica do uso de tarxetas de cifrado sobre plataformas Microsoft Windows e GNU/Linux. Os conceptos de certificación e sinatura dixital correron a cargo da poñente Paz Cariñena Amigo e a sesión práctica realizouna Gonzalo Mateo Sixto, ambos da empresa Bahia Software.