Información xeral da xornada "Uso da certificación dixital e sinatura electrónica"

O CPEIG, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, e dentro do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, financiado con fondos FEDER, celebrará o vindeiro sábado 13 de decembro no Hotel Puertal del Camino de Santiago de Compostela as xornadas "Uso da certificación dixital e sinatura electrónica".

A xornada celebrarase de 10:45 a 14:00, cunha pausa para café, e tratará as seguintes temáticas:

  • Conceptos xerais sobre sinatura electrónica e tarxetas de cifrado.
  • Estado do arte actual da tecnoloxía de sinatura electrónica.
  • Sesión práctica de uso de sinatura electrónica con tarxetas de cifrado sobre plataformas Microsoft Windows e GNU/Linux.

A admisión é gratuíta e unicamente para membros colexiados/as (ou en proceso de colexiación) do CPEIG. O número de prazas é limitado e asignaranse en orde de inscrición. O período de inscrición nesta actividade xa está pechado.

Programa

Conceptos de certificación e sinatura dixital

Poñente:  Paz Cariñena Amigo

Despois dun breve repaso a nocións básicas de criptografía de clave pública, introduciranse conceptos xerais de certificación e sinatura dixital, as autoridades que interveñen no proceso de emisión, xestión e validación de certificados e os dispositivos de sinatura electrónica. A continuación presentarase o estado da arte da sinatura electrónica, ntrando en detalle de custos asociados á certificación dixital e as osibles incompatibilidades das tarxetas criptográficas nos distintos istemas operativos.

Sesión práctica de uso de certificados dixitais

Poñente: Gonzalo Mateo Sixto

Esta segunda parte será puramente práctica, e nela faranse demostracións de uso do DNI-e en contornos Microsoft Windows e GNU/Linux, da gravación, lectura e eliminación de certificados en tarxetas criptográficas e da importación de certificados en navegadores.

Colaboran

Símbolo do CPEIGLogotipo da Consellería de IndustriaLogotipo do Ministerio de Industria, Turismo e ComercioLogotipo do Plan AvanzaLogotipo dos fondos FEDER