O PP pide a comparecencia de Garmendia no Congreso para que aclare o futuro dos estudos de Enxeñaría Informática

O PP solicita que se aclare o futuro dos estudos de Enxeñaría en Informática.

O Partido Popular solicitou a comparecencia da ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, no Congreso dos Deputados para que aclare o futuro dos estudos de Enxeñaría en Informática e Enxeñaría Técnica en Informática.

A solicitude de comparecencia, recollida por Europa Press, reclama que a ministra acuda á Comisión de Ciencia e Innovación da Cámara baixa para informar sobre o proceso de adaptación do sistema universitario ao Espazo Europeo de Educación Superior e, "en particular, sobre os estudos de enxeñarías".

A petición dos 'populares' prodúcese despois de que unha orde do Ministerio "exclúa" os titulados de Enxeñaría en Informática e Enxeñaría Técnica en Informática da posibilidade de exercer diferentes profesións.

Este colectivo denuncia que o Goberno "incumpriu os compromisos adquiridos" na pasada Lexislatura", xa que as súas atribucións profesionais -- é dicir, os traballos que por lei só poden realizar persoas cunha determinada titulación-- "só poden ser reclamadas pola rama das telecomunicacións". Por iso, convocaron unha folga o 19 de novembro para defender as súas titulacións.