Participa na enquisa sobre a situación profesional das Enxeñarías en Informática e gaña unha Wii

Os Colexios Profesionais de Enxeñarías en Informática de Galicia, o Observatorio Galego da Sociedade da Información e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego convídante a participar no estudo da situación profesionaldas enxeñarías en informática. Participando poderás gañar unha Nintendo Wii das 4 que se sortean entre aquelas persoas que resposten á enquisa (2 entre as enxeñeiras/os técnicos en informática e 2 entre as enxeñeiras/os en informática).

Están invitados a participar todos aqueles egresados de todas as promocións en titulacións en informática das universidades do Sistema Universitario Galego (Universidades da Coruña, Santiago e Vigo). Para a realización desta enquisa realizarase un muestreo entre os egresados aos que se lle requerirá a súa colaboración para o estudio.

Podes participar directamente chamando ó teléfono 881 953 592 (Maite - horario de oficiña) e deixando os teus datos de contacto. A equipa de enquisadoras/es porase en contacto contigo (previa comprobación de que cumples os criterios para participar na enquisa) para respostar á enquisa cando máis te conveña.