I Congreso Internacional de Enxeñaría Forense

O congreso pretende reunir a profesionais do mundo da técnica coma do dereito, para suscitar o estudo da interrelación destes dous campos, fundamentalmente en apoio da enxeñaría nos labores periciais e de investigación xudicial.

O congreso está dirixido a todos aqueles titulados, especialistas e profesionais que, mediante o exercicio das súas respectivas profesións, precisen das disciplinas integrantes da Enxeñaría forense, ou ben sexan partícipes ou parte integrante do mundo forense. Polo tanto, este congreso acollerá especialmente xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, avogados, enxeñeiros, físicos, químicos, criminólogos, axentes da propiedade industrial, deseñadores gráficos, especialistas de seguros, consultores.

O Comité de Organización aprobou unha importante redución para todos os colexiados en atención á especial relevancia para o congreso da actividade que exercen, así como á especial interelación dos nosos campos de actuación.

A cada colexiado que acredite debidamente a súa condición aplicaráselle unha redución dun 30% sobre a taxa oficial, é dicir, un desconto de 180€ ou ben o 30% de calquera taxa por días na que poidan estar interesados (e/ou calquera outro servizo ofrecido pola organización do congreso.

Pode atoparse máis información na páxina oficial do congreso.