Curso de "Gestión de la calidad del ciclo de vida del software" organizado polo ITG

AENOR, única entidade de normalización e organismo de certificación líder en España, imparte este curso en colaboración co Instituto Tecnológico de Galicia.

AENOR e o ITG comparten o firme compromiso pola formación de calidade en temáticas de interese para a empresa e o profesional, a través dunha metodoloxía docente baseada en técnicas de formación de adultos, tratando as materias dunha forma práctica e participativa.

Para iso, realízanse sesións de transmisión de coñecementos teóricos e posteriormente o profesor involucra aos participantes en traballos en grupo para a realización de casos prácticos/exercicios, de forma que exerciten a metodoloxía exposta. Isto facilita a asimilación dos contidos e a transferencia posterior en situacións futuras.

O importe do curso está subvencionado polo ITG para favorecer o acceso dos profesionais e empresas galegas.

O calendario do curso é:

  • 29 setembro 2008, de 9:30h a 14:00h y 16:00 a 18:30h
  • 30 setembro 2008, de 9:30h a 14:00h y 16:00 a 18:30h

O curso inclúe:

  • Emisión de certificado de asistencia por AENOR e ITG
  • Entrega de documentación e normas aplicables

O importe do curso está subvencionado por ITG nun 43%, sendo o seu prezo final de 375 € (IVA incluido).

A inscrición realizarse vía web e pode consultarse información detallada no sitio web do ITC.