Aberto o prazo de pre-inscrición dos cursos de Base de Datos Oracle 10g e Auditoría Informática

Os cursos encádranse dentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2008 e desenvólvense dentro do marco dunha subvención da Consellería de Traballo.

Símbolo do CPEIGComo parte do Programa de Formación para o ano 2008, o CPEIG organizará durante os meses de outubro e novembro os cursos de Administración de Base de Datos Oracle 10g e Auditoría Informática.

Os cursos serán gratuítos e están dirixidos a enxeñeiros/as e licenciados/as en informática laboralmente en activo e persoal que non se atope ao servizo das Administracións Públicas (que non pertenza ás Administracións Públicas).

Poden atoparse máis detalles sobre estes curso na na sección de cursos do portal do colexio.

Logotipo da Consellería de TraballoLogotipo do Fondo Social Europeo

 

 

 

Os continuos cambios a que está sometido o mercado de traballo en Galicia fan necesario que se lles proporcione aos traballadores e traballadoras do eido da Enxeñaría en Informática a formación necesaria que lles permita adaptarse ás novas necesidades dos distintos sectores do noso tecido produtivo.

Para conseguir este obxectivo o CPEIG, a través da Consellería de Traballo, e co financiamento do Fondo Social Europeo, impartirá estas accións formativas para ocupados previstas no Programa Operativo Integrado de Galicia 2007-2013.

En cumprimento do establecido no artigo 33 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade de mulleres en Galicia, impartirase un módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica cunha duración de 5 horas.