Información Xeral sobre o Curso de Base de Datos Oracle 10g

Logotipo de oracleDentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2008 está prevista a realización dun curso de Base de Datos Oracle 10g. Ao mesmo están convocados/as todos/as os colexiados/as que desexen formarse nesta disciplina da nosa profesión.

O curso está organizado polo CPEIG, e cofinanciado pola Consellaría de Traballo e o Fondo Social Europeo. Polo seu caracter, será gratuíto e está destinado a enxeñeiros/as e licenciados/as en informática laboralmente en activo e persoal que non se atope ao servizo das Administracións Públicas (que non pertenza ás Administracións Públicas).

Logotipo da Consellería de TraballoLogotipo do Fondo Social Europeo

 

 

 

Programa

Terá unha duración de 30 horas, ás que se engadirán 5 horas do módulo de igualdade. Impartirase nos seguintes lugares e co seguinte calendario:

Módulo de igualdade

Sesión única o venres 26 de setembro, en horario de 16:30 a 21:30. Impartirase no salón Cervantes do hotel Puerta del Camino, ubicado na Rúa Miguel Ferro Caaveiro (zona San Lázaro) en Santiago de Compostela.

Módulo de Oracle

Repartirase en 6 sesións:

  • 1ª sesión, venres 3 de outubro en horario de 16:30 a 21:30
  • 2ª sesión, sábado 4 de outubro en horario de 9:00 a 14:00
  • 3ª sesión, venres 10 de outubro en horario de 16:30 a 21:30
  • 4ª sesión, sábado 11 de outubro en horario de 9:00 a 14:00
  • 5ª sesión, venres 17 de outubro en horario de 16:30 a 21:30
  • 6ª sesión, sábado 18 de outubro en horario de 9:00 a 14:00
Cada unha delas impartirase, segundo o calendario exposto, e na academia CEFIASA, ubicada na Rúa Escultor Camilo Otero 17 en Santiago de Compostela.

Preinscrición

O prazo de preinscrición deste curso rematou o domingo 14 de setembro.

Admisión e confirmación da asistencia

A admisión no curso, ata cubrir as 20 prazas dispoñibles, realizarase por rigoroso orde de solicitude de pre-inscripción.

O prazo de confirmación de asistencia a este curso rematou o domingo 21 de setembro.

Requisitos

  1. Na primeira sesión do curso será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI. Adicionalmente os alumnos/as deberán presentar ese mesmo día a seguinte documentación:
    1. Fotocopia do DNI para completar a ficha de inscrición.
    2. Documento acreditativo de estar en activo e de non estar ao servizo das administracións públicas (non pertencer ás Administracións Públicas). Este documento pode ser calquera dos seguintes:
      • Copia do encabezado dunha nómina pertencente as últimos catro meses onde figure o nome e apelidos, a empresa e o período ou mes da nómina.
      • Certificado de vida laboral.
  2. Será preciso ter asistido ao 75% das horas lectivas do curso. Ao remate do mesmo farase entrega dun diploma acreditativo a cada alumno.
  3. No caso de xa ter recibido o módulo de igualdade contido neste curso, poderase evitar repetilo sempre que se xustifique debidamente mediante diploma acreditativo.

Información adicional

Como parte do material docente incluído no curso, farase entrega do libro de Kevin Loney e Bob Bryla titulado "Oracle Database 10g. DBA Handbook" de MacGraw Hill/Osborne, 2004 (valorado en 30€).

Como é habitual nestes eventos, fica a disposición dos/das colexiados/as a posibilidade de que o colexio xestione reserva de hotel en condicións de convenio para aqueles colexiados que desexen aloxamento. Para información ou reservas pode contactar coa Comisión de Formación.

No arquivo xunto ao final deste documento poden atoparse todos os detalles sobre o contido do curso.

AdxuntoTamaño
programacion_curso_oracle.pdf277.25 KB