Máster en Informática da Universidade da Coruña

O máster está patrocinado polas empresas Altia e Tecnocom.

Logotipo da Universidade da CoruñaDesde o 1 de xullo e ata o 14 de agosto está aberto o prazo de pre-matriculación do Máster en Informática da Universidade da Coruña.

As listas de admitidos publicaranse entre o 15 de agosto e o 8 de setembro. O prazo de reclamacións e do 9 ao 11 de setembro e as listas definitivas publicaranse o 15 de setembro.

No sitio web da Facultade de Informática pode atoparse máis información sobre este Máster.