Beneficios colexiais

Os membros do colexio podén desfrutar de condicións vantaxosas nos servizos ofrecidos por diferentes empresas ou institucións. Desde o colexio negociarase co sector empresarial e institucional para acadar este tipo de vantaxes que faciliten a actividade dos e das profesionais.

En concreto, o colexio promoverá a colaboración e negociación coas seguintes entidades:

  • Administracións públicas e concellos.

  • Universidades.

  • Outros colexios profesionais.

  • Cámaras de comercio e confederacións de empresarios.

  • Empresas de telecomunicacións.

  • Consultoras, aseguradoras e asesorías.

  • Empresas de publicidade e de celebración de eventos.

  • Bancos e caixas de aforros.

Símbolo de beneficios