Formación

A enxeñaría informática é unha disciplina baseada en sólidos coñecementos adquiridos durante a formación regrada dentro das facultades.

Con todo, non podemos esquecer a necesidade dunha formación orientada á actualización continúa dos coñecementos dos enxeñeiros e enxeñeiras.

Símbolo de formaciónO colexio deberá ter unha clara responsabilidade na formación continua dos seus colexiados e colexiadas. Atendendo a ela, organizará cursos deseñados desde unha óptica de actualización e especialización.

A intención é a de contar cun catálogo de cursos de elaboración propia, ou mediante acordos coas universidades e as empresas, para que os colexiados e colexiadas poidan acceder a eles en condicións favorables.

Adicionalmente, o colexio deberá fomentar e impulsar o uso das novas tecnoloxías neste eido, poñendo especial énfase en que unha boa formación se poida realizar a través de ferramentas de e-learning.