Webinar gratuíto “Estratexia de ciberseguridade en tempos de crise”, impartido por Ismael Morales o vindeiro 14 de maio

webinar

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Wellness TechGroup organizan o vindeiro xoves, 14 de maio, un webinar gratuíto sobre “Estratexia de ciberseguridade en tempos de crise”, ás 17:00 horas. Estará  impartido polo Technical Cybersecurity Manager de Wellness TechGroup, Ismael Morales Alonso, e contará como anfitrión con Fernando Suárez Lorenzo, presidente do CPEIG. 

A ciberseguridade cobrou un carácter aínda máis imprescindible durante esta crise causada polo COVID-19. O teletraballo impúxose como a resposta máis efectiva ante a corentena, pero é ciberseguro o teletraballo? En situacións como a actual, as ameazas intensifícanse, xa sexan derivadas de erros non intencionados ou de ataques premeditados e deseñados para eventualidades tan excepcionais como esta. Neste webinar, repasaranse as ameazas que podemos enfrontar no transcurso dunha crise e coñecerase como reducir a exposición ante os ciber-riscos. 

Que aportará este webinar?

Neste evento, abordarase a importancia de contar cunha estratexia de ciberseguridade que contemple a identificación de ameazas e necesidades propias dunha crise: o teletraballo, a seguridade dos recursos, a preparación dos equipos e o persoal. 

A quen está dirixido este webinar?

A persoas que traballen en equipos de IT ou seguridade, tanto técnicos como responsables. Comentaranse aspectos técnicos, aínda que persoas que non teñan coñecementos en ciberseguridade poderán seguir o webinar sen problemas. 

Inscricións: https://wellnesstg.com/webinar-estrategia-de-ciberseguridad-en-tiempos-de-crisis/