O CPEIG adhírese á Declaración de Roma para promocionar a Informática para Todos

Declaración de Roma

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) adhírese á Declaración de Roma, dirixida ás institucións nacionais e internacionais (centros educativos, escolas, institutos de investigación, universidades, etc.) para chamar a atención sobre o papel que poden desempeñar na promoción da Informática para Todos.

A declaración foi promovida pola Coalición de Informática para Todos (https://www.informaticsforall.org<https://ww4w.informaticsforall.org/), creada para abogar pola inclusión da Informática como disciplina fundamental nas escolas de toda Europa. O seu obxecto é dar o debido recoñecemento á Informática como unha disciplina esencial e fundamental para a educación do século XXI.

A coalición creouse de forma consensuada polo Consello de Europa de ACM (https://europe.acm.org/), o Comité de Educación de CEPIS (https://cepis.org/) e a asociación Informatics Europe ( https://www.informatics-europe.org/).

Ver declaración: https://www.informaticsforall.org/rome-declaration/