Pésame á familia de Dositeo Rodríguez e, especialmente, ao seu fillo e colega Antonio, presidente do Clúster TIC de Galicia

Dositeo Rodríguez

 

Dositeo Rodríguez, ex conselleiro de Presidencia, ex presidente do Consello de Contas, ex deputado no Parlamento de Galicia e figura senlleira da política galega, faleceu o pasado 27 de marzo aos 84 anos no CHUS, onde ingresara hai uns días por causa do COVID-19. 

Dáse ademais a circunstancia de que, como conselleiro de Presidencia, foi un impulsor do uso das TIC na Administración galega, o que un merece tamén un especial recoñecemento por parte do CPEIG.