Convocatoria aberta da oitava edición do Concurso de Postais de Nadal para rapaces de 3 a 18 anos

Postal gañadora 2018

 

O CPEIG convoca por oitavo ano consecutivo o Concurso de Postais de Nadal. Este ano hai dúas categorías:

 

  • Categoría A: dirixida a rapaces de entre 3 e 12 anos. 
  • Categoría B: dirixida a rapaces de entre 13 e 18 anos. 

Os rapaces deben ser familiares de persoas colexiadas. O número máximo de candidaturas por colexiado é de tres. O premio que recibirá o gañador será unha tablet para a Categoría A e uns auriculares sen fíos para a Categoría B.  A Xunta de Goberno elixirá, de entre os dous gañadores, a obra que será a felicitación oficial do Colexio para estas festas.

 

As bases do certame son as seguintes:

1.     Técnica: A técnica é libre, podéndose empregar pinturas, témperas, ceras, collage, etc. O formato pode ser vertical ou horizontal. 

2.     Datas de entrega: ata as 16:00 do día 11 de decembro de 2019. 

3.     Forma de entrega: As candidaturas enviaranse por correo electrónico ao enderezo informacion@cpeig.gal indicando o nome, apelidos, teléfono de contacto e idade do rapaz, xuntando a postal dixitalizada en formato jpg ou png e cunha resolución mínima de 300 puntos por pulgada. O CPEIG enviará no prazo máximo de 24 horas un correo electrónico confirmando a inscrición da postal no concurso. Os debuxos non poder conter ningún sinal que permita identificar o autor. 

4.     Xurado

·       Estará composto por un mínimo de 3 persoas. 

·       Calquera colexiado que non presente candidaturas e así o solicite poderá formar parte do xurado. 

·       xurado valorará a creatividade e a adecuación ao tema proposto.   

·       Os membros do xurado descoñecerán a autoría das postais polo que estas non poderán conter ningún sinal que permita identificar ao autor. 

·       Cada membro do xurado asignará 5, 4, 3, 2 e 1 puntos ás que considere as 5 mellores postais. 

·       Para cada categoría, a postal que obteña a maior puntuación, unha vez sumadas as cualificacións outorgadas por cada membro do xurado, será a gañadora. En caso de empate a obra gañadora decidirase por sorteo. 

·       O fallo do xurado farase público na web do colexio (www.cpeig.gal) o 13 de decembro. 

5.     Premio: O gañador recibirá: unha tableta (categoría A) ou uns auriculares sen fíos (categoría B).   A Xunta de Goberno decidirá, de entre os dous gañadores, a obra que será empregada como postal de Nadal do CPEIG para 2019.