O adestrador de tenis Toni Nadal ofrecerá unha conferencia motivacional, “Todo se puede entrenar”, o 12 de decembro na EGAP

Toni Nadal

A sesión de coaching está organizada polo CPEIG e patrocinada por diversas empresas do sector TIC

O vindeiro 12 de decembro, xa en datas próximas ao Nadal, celebraremos unha conferencia inspiradora e motivacional, titulada “Todo se puede entrenar”. Trátase dunha sesión de coaching impartida polo coñecido adestrador de tenis Toni Nadal. Será no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, ás 20 horas, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e patrocinada por diversas empresas do sector TIC. 

Nesta era onde a tecnoloxía forma parte de todas as esferas da vida, é preciso reflexionar e establecer novas metas e propósitos profesionais, respectando o uso ético das novas tecnoloxías, sempre a favor das persoas, a igualdade e a mellora da calidade de vida. Na súa intervención, o que fora adestrador do gran Rafa Nadal fará un repaso a todos os principios que inspiran o seu exitoso método, comezando pola defensa da formación do carácter fronte á formación técnica, como pilar indispensable do triunfo: “Todo lo que facilita las cosas en exceso, debilita, y eso es lo que ocurre hoy con las tecnologías, que han sustituido la parte esencial del ser humano, que es su mente”.