Renovación da Xunta de Goberno do CPEIG

Nova Xunta de Goberno 2019

O pasado sábado constituíuse a nova directiva, nun proceso electoral no que só houbo unha candidatura que se proclamou electa

 

A regulación profesional, a colaboración con administracións públicas, universidades e empresas privadas, o fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, especialmente entre as rapazas, son as súas principais liñas de traballo

O CPEIG renova a súa Xunta de Goberno, tras un proceso electoral no que non se celebraron votacións ao contar cunha só candidatura, que finalmente se proclamou electa.

Compoñen así a nova Xunta de Goberno:  

-Fernando Suárez, presidente

-Susana Ladra, vicepresidenta

-Juan José González, secretario

-Roberto Vieito, vicesecretario

-Francisco Javier Rodríguez, tesoureiro

-Lorena Otero, vicetesoureira

-Pilar López Avendaño, vogal 

-José Manuel Vázquez, vogal 

-Iván Luis Vázquez, vogal 

 

O obxectivo principal para os vindeiros catro anos será continuar traballando na regulación profesional, dado o crecente impacto da actividade da enxeñaría en informática na sociedade actual, facendo especial fincapé nas áreas nas que a seguridade física e xurídica das persoas está en xogo. Ademais, outras liñas da nova Xunta de Goberno do CPEIG serán seguir colaborando coas administracións públicas para a modernización da xestión administrativa, como acontece coa organización anual do Curso Superior de Administración Electrónica coa Amtega e a Egap; soster a colaboración co sector privado para o progreso e dixitalización de produtos e procesos; incentivar a colaboración coas universidades na adaptación e actualización dos plans de estudo, segundo a demanda actual do mercado laboral en materia das TIC; fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, en especial entre as rapazas, organizando obradoiros formativos como os que forman parte do programa TechKids posto en marcha coa Amtega, ou as diversas xornadas que se programan con motivo do Día das Rapazas nas TIC; manter ao Colexio como fonte informativa para as noticias tecnolóxicas nos medios de comunicación e mellorar a presenza e utilización da lingua galega no uso de internet e redes sociais. 

Ademais, despedimos a dous compañeiros da anterior directiva, Juan Otero que desempeñou o cargo de vicepresidente, e Javier García Tobío que exerceu estes últimos como vogal. Moitas grazas en nome de todos os colexiados e colexiadas pola súa dedicación ao CPEIG e á enxeñaría en informática en Galicia.