Inauguración do capítulo rexional galego de ISMS Forum Spain en Santiago o 19 de novembro

Xornada ISMS Forum Spain

 A Asociación Española para el Fomento de la Seguridad de la Información, ISMS Forum Spain, celebrará o vindeiro 19 de novembro unha sesión na sede de Abanca en Santiago, de 9:00 a 13:30 horas, para inaugurar o capítulo rexional galego da Asociación.

Desde o CPEIG impulsamos o evento coa participación da  nosa vogal da Xunta de Goberno Pilar Vila Abendaño que intervirá no relatorio sobre a “Presentación del Capítulo ISMS Forum Galicia y agenda 2020”. Para ter máis información sobre o evento e inscribirte pincha AQUÍ (inscrición con QR e código ISMSGALICIA).