Enquisa cidadá sobre Intelixencia Artificial

Enquisa IA

A Intelixencia Artificial é un compoñente cada vez máis frecuente dos servizos e solucións informáticas que as persoas usamos no noso día a día, aínda que moitas veces non sexamos conscientes diso. O CCII quere saber cal é a opinión e as preocupacións dos cidadáns respecto ao uso progresivo da intelixencia artificial. Axúdasnos? Só serán 5 minutos! 

Enquisa anónima aberta ata o 31 de decembro de 2019 

Ademais, desta enquisa cidadá, existe outra enquisa máis ampla r avanzada (e en inglés, xa que se realiza a nivel europeo), na que se pode participar adicionalmente, especialmente para recoller a visión de profesionais  e empresas que xa estean traballando con intelixencia artificial, profesionais das tecnoloxías de información ou representantes de entidades sociais de calquera tipo que queiran proporcionar a súa percepción da intelixencia artificial. Aquí tedes toda a información e o acceso para participar nesta enquisa europea.