O director xeral de Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau, recibe o premio Colexiado de Honra do CPEIG

Carlos Grau

 

Recollerá a distinción na gala da “XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” o 28 de xuño en Santiago

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), no marco dos seus premios anuais de A Noite, outorga o premio Colexiado de Honra ao director xeral de Mobile World Capital Barcelona (MWCapital), Carlos Grau Lara, polo seu labor profesional no ámbito da tecnoloxías da información e as comunicacións, así como no desenvolvemento de negocio dixital.

 

A gala máis importante do sector da informática en Galicia, a “XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”, celebrarase o vindeiro venres, 28 de xuño, no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, evento ao que asistirá Grau a recoller o seu galardón. Os premios da Noite corresponden a dez categorías onde os colexiados e colexiadas recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática.

 

Carlos Grau Lara é Enxeñeiro Industrial pola Universidade Politécnica de Cataluña, e PDD por IESE. Tras ocupar diversos cargos de dirección de vendas e marketing en empresas do sector TIC, como Hewlett-Packard, Accenture, Sun Microsystems o Telefónica, Grau uniuse a Microsoft como director xeral en Cataluña.

 

Nos anos previos a incorporarse a MWCapital, Carlos Grau centrou a súa actividade no campo da innovación, onde liderou proxectos como Biid, startup centrada na identidade móbil, ou Step One Ventures, fondo de capital de risco que inviste en compañías tecnolóxicas con alto potencial de crecemento. Grau tamén exerceu como mentor para emprendedores a través de Barcelona Activa ou o programa de aceleración Startupbootcamp IoT and Data, impulsado en colaboración con MWCapital.

 

Desde novembro de 2017, Grau ocupa o cargo de director xeral de MWCapital. Entre os seus maiores logros á fronte desta fundación, destaca o lanzamento de novas iniciativas baseadas na colaboración público-privada e cun gran impacto no sector como o Observatorio Nacional 5G ou Digital Future Society, entre outros.