O presidente recibe o premio de ISMS Forum polo seu labor de concienciación sobre a importancia da ciberseguridade

Premio ISMS Forum

“A seguridade da información é clave para o progreso social e económico do noso país”

 

Recolleu o galardón en Madrid, no marco dunhas xornadas organizadas pola asociación española

 

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, recibiu en Madrid unha recoñecemento sobre a concienciación en seguridade dos Premios Internacionales de Seguridad Cibernética y Protección de Datos (Cyber Security & Data Protection Awards 2019) de la Asociación Española para el Fomento de la Seguridad de la Información (ISMS Forum Spain). El presidente de ISMS Forum, Gianluca D’Antonio, entregou o galardón a Fernando Suárez no marco da vixésimo primeira “Jornada Internacional de Seguridad de la Información” organizada pola asociación, que se celebrou no auditorio principal do Teatro Fernando de Rojas.

 

“A seguridade da información é clave para o progreso social e económico do noso país. Pode supoñer para España unha punta de lanza a nivel internacional, xa que temos talento e as ferramentas axeitadas para afrontar con maior seguridade os retos que temos no noso día a día. O obxecto é levar as tarefa da seguridade da información a todos os niveis, tanto en formación dos profesionais e a sociedade en xeral como na concienciación das entidades públicas e privadas sobre a importancia do investimento nesta materia” –pronunciou Fernando Suárez no seu discurso de agradecemento–.

 

Os premios Cyber ​​Security & Data Protection Awards son unha iniciativa do ISMS Forum para promover o bo goberno e as prácticas, a investigación, o compromiso e a mellora nas áreas de seguridade cibernética e protección de datos.