CPEIG, Rede Galega de Ciberseguridade e ISMS Forum Spain organizan un curso de especialización en protección de datos

 Curso protección datosExpertos de Mafre, Renfe, Bankinter, Inditex, ING ou Orange abordarán a normativa sobre privacidade e os fundamentos que rexen a seguridade da información

 

Impartirase na modalidade de teleformación do 3 ao 26 de xuño a través da aula virtual de ISMS Forum

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Rede Galega de Ciberseguridade e a Asociación Española para el Fomento de la Seguridad de la Información (ISMS Forum Spain) organizan o “Curso de Especialización en Protección de Datos – CEPD”. A formación, que se impartirá na modalidade de teleformación, celebrarase do 3 ao 26 de xuño a través da aula virtual de ISMS Forum.

 

O curso está orientado a outorgar unha especialización profesional en materia de privacidade desde unha perspectiva xurídica, técnica e organizativa. Abordarase a normativa vixente no contexto nacional, o novo marco europeo e internacional, e profundarase sobre os fundamentos que rexen a seguridade da información. Está adaptado ao esquema de certificación de Delegado de Protección de Datos da Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) e recoñecida desde o 11 de xuño de 2018 pola Entidade de Certificación "Asociación para el fomento de la Seguridad de la Información, ISMS Forum Spain" designada pola AEPD. Ademais, o contido lectivo ofrece a formación necesaria para a preparación das certificacións “Certified Data Privacy Professional (CDPP)” e “Certificado de Delegado en Protección de Datos (CDPD)”.

 

Cunha duración de 60 horas, impartidas en 15 sesións en horario de 16:00 a 21:30 horas, a formación está dirixida a directores de seguridade da información, profesionais con responsabilidades en privacidade, en xestión de protección de datos, consultores, avogados ou técnicos de seguridade e de sistemas. Estará impartida por expertos de Mafre, Oylo, Renfe, Bankinter, ECIX Group, GE Corporate, INDITEX, ING España y Portugal, Publicis Groupe, Ferrovial, Orange e Suez España.

 

Máis información: https://www.cpeig.gal/portal/cepd