Declaran nulo o artigo da Lei Electoral que permitía aos partidos recoller datos persoais relativos ás opinións dos cidadáns

folleto

O Pleno do Tribunal Constitucional por unanimidade declarou contrario á Constitución e nulo o apartado 1 do art. 58 bis da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, que permite aos partidos políticos recoller datos personais relativos ás opinións políticas dos cidadáns. O CPEIG amosa a súa satisfacción por esta sentencia, que estimou o recurso de inconstitucionalidade presentado polo Defensor del Pueblo. 

Sobre esta cuestión, o CPEIG lazou recentemente unha campaña informativa sobre a protección dos datos persoais ante o seu uso electoral, dado o período electoral que se aproximada coas eleccións xerais do pasado 28 de abril e a inminente celebración dos comicios municipais e europeos deste domingo 26 de maio. 

Este folleto recolle todas as cuestións lexislativas e ofrece unhas recomendacións para que os cidadáns estean informados das opcións que teñen para protexer os seus datos persoais. Pódese ver e descargar o folleto informativo: https://www.cpeig.gal/portal/system/files/A-3_PROTECCION_DE_DATOS.pdf. Para calquera consulta sobre esta cuestión, o CPEIG ten aberta unha caixa de correo para que os cidadáns poidan consultar as súas dúbidas: consultaspd@cpeig.gal