Condicións especiais Universidade Europea de Madrid

Introdución

Logotipo da UEMA Universidad Europea de Madrid, UEM, como un dos puntos máis importantes de colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, quere facilitar o acceso do seu colectivo a súa oferta formativa, dirixida a colexiados/as e familiares directos destes, que desexen realizar estudos de pregrado e/ou postgrado para o desenvolvemento da súa carreira profesional durante o curso 2008-2009.

Condicións

As condicións favorables que propón a UEM son as seguintes:

  1. Todos/as os/as colexiados/as do CPEIG, os seus cónxuxes e fillos poderán realizar as probas de acceso á UEM sen necesidade de abonar o importe correspondente ás mesmas.
  2. Ofrécese un desconto do 10% sobre docencia aos/ás colexiados/as, cónxuxes ou fillos, que se matriculen nalgunha das titulacións oficiais e dobres titulacións oficiais (excepto a titulación de Odontoloxía) da UEM.
  3. Nos pregrados ofrécese ademais un desconto por pronto pago do 2% no importe anual da docencia.
  4. Nos pregrados o desconto sobre docencia é compatible cos descontos sobre apertura de expediente e reserva de praza (segundo irmán, familia numerosa, expediente académico, matrícula en dez días).
  5. Desconto do 10% sobre o importe total dos cursos, para todos os/as membros colexiados/as, os seus cónxuxes ou fillos, que se matriculen exclusivamente en cursos de postgrado (máster e outros cursos, quedando excluídos os Doutoramentos).

Exencións

  1. Os descontos sobre docencia indicados non son acumulables con outros descontos sobre docencia ofertados pola UEM, nin compatibles coas Becas da UEM.
  2. En postgrados, quedan excluidos do desconto os cursos de doutoramento, así como cursos de custo inferior a 300€.
  3. Calquera membro colexiado/a que xa estivera estudando na UEM previamente á sinatura do presente convenio, non terá dereito ás bonificacións aquí expresadas. Non terá carácter retroactivo para alumnos que teñan ingresado con anterioridade ao curso para o que se conceden os descontos.

Como acceder a estas vantaxes

Os/As membros colexiados/as deberán acreditar esta circunstancia no Departamento de Admisiones da UEM, no momento de presentar a súa solicitude de ingreso, para facer efectivas estas bonificacións.