Formulario de inscrición no curso de Especialización en Protección de Datos – CEPD

Este formulario permite formalizar a solicitude de inscrición no Curso de Especialización en Protección de Datos – CEPD, o cal se desenvolve dentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2019. Este formulario en liña é o único mecanismo de inscrisción no curso.

Pode atopar máis información sobre este curso na súa páxina informativa.

Instrucións

Protección de datos

De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos persoais recollidos na tramitación deste curso, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

Os dereitos sobre estes datos poderanse exercer ante a Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo:

Rúa Fernando III O Santo 13 1ºA
Teléfono: 981 592 773 – Fax: 981 553 997
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)