O Colexio publica os resultados da enquisa de 2017

logo cpeig

No ano 2017 enviamos un correo onde pedimos a todos os colexiados e colexiadas que encheran unha enquisa. Ésta estivo aberta dende marzo ata abril e que tivo boa aceptación.

Nas respostas da enquisa vense que están moi ben valoradas as actividades de común interese como poden ser as actividades remuneradas (Navega con Rumbo, Rapaciñ@s, Programación nas Escolas…), os convenios, o Seguro de Responsabilidade Civil, o asesoramento xurídico…Outras, que ainda que están ben valoradas, nos fixeron notar aspectos a mellorar, como a Bolsa de Emprego (mellor filtro das ofertas difundidas e novo formato na difusión), en Formación, (preocupación cos horarios e localización), o Corpo Oficial de Peritos, a propia web e as redes sociais… Todos son aspectos nos que estamos a traballar e esperamos que próximamente estén implementadas a maior parte delas.

A Noite é o evento de referencia do noso sector, e ano tras ano así nolo fan sentir todas as persoas, que ainda non sendo colexiadas, nos queren acompañar. Adicámoslle moito cariño, moito. E moito traballo, moito, tanto que xa se está a traballar na próxima edición e que esperamos ver a moitos mais compañeiros e compañeiras para poder gozar da compañía.

Se a Noite é o evento de referencia do sector, coas xornadas de convivencia, propóñense actividades lúdicas para gozar cos compañeiros e coas familias onde se apostamos como as sesións de karting en 2017 ou as multiaventuras deste ano.

A análise completa dos resultados da enquisa está dispoñible para descargar nesta mesma dirección.

AdxuntoTamaño
Enquisa_colexiados_analise.pdf1.21 MB