Igualdade, o Centro de Supercomputación de Galicia e o CPEIG lanzan o concurso “#ApuntasTech?”

Cartel ApuntasTech

 

A Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), no seu interese por promover as vocacións tecnolóxicas femininas, lanzan o primeiro concurso #ApuntasTech?

 

A Secretaría de Igualdade e o Cesga, promotor e coordinador do proxecto Europeo “ICT-Go-Girls!: Promoting Entrepreneurship through ICT for Secondary School Girls” (Promoción do emprendemento a través das TIC entre rapazas de educación secundaria), considerado como referente pola propia Unión Europea, levan dende o ano 2013 impulsando e colaborando en diferentes iniciativas para a difusión e promoción de las Tecnoloxías da Comunicación e Información (TIC), especialmente para conseguir que as mulleres alcancen una presencia igualitaria en el sector das TIC, mediante accións dirixidas a rapazas entre 10 a 15 anos, franxa de idade que se considera chave para cambiar a tendencia ao rexeitamento das carreiras tecnolóxicas entre las rapazas.

 

Unha das chaves é promover o traballo coa tecnoloxía na aula de forma diversa, lúdica, e tendo moi presente a perspectiva de xénero. Por iso, é fundamental que o profesorado conte con estratexias, propostas e ferramentas concretas que axuden a apaixonar sobre o potencial transformador, de beneficio directo á sociedade, e creativo das tecnoloxías na aula.

 

O Concurso “ApuntasTech?” pretende, dun xeito lúdico e aberto, escoitar a todas as partes implicados para poder reunir as mellores propostas, e xerar un catálogo dinámico para poder traballar as tecnoloxías de forma amena, principalmente na aula, pero tamén fora dela, en actividades extraescolares, en familia, etc.  Posteriormente, elaborarase unha recompilación das mellores propostas e publicarase con licencia aberta para a súa descarga na web do concurso, así como en diferentes repositorios de materiais educativos online.

 

Bases e máis información

 

O concurso conta con 4 categorías, 2 para estudantes (primaria, secundaria e bacharelato) e 2 para adultos (centros educativos e outros centros/institucións) e estará aberto a recibir propostas ata o día 23 de abril. Cada categoría conta cun premio principal e dous accésits. Toda a información sobre o mesmo pódese obter na súa páxina web: www.ictgogirls.eu/apuntastech 

 

Este concurso enmárcase dentro das actividades para celebrar o VII “Día das Rapazas nas TIC” (International Girls in ICT Day) o próximo 25 de abril, día no que se fará pública a decisión do xurado do concurso. Este acto celebrarase no CESGA e será retransmitido en directo a través de Internet. Toda a información e instrucións para participar no evento está publicada en www.ictgogirls.eu/dia-rapazas-nas-tic/

 

Organización e colaboracións

 

O concurso está organizado e patrocinado polo CESGA en colaboración coa Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG). Conta co apoio de múltiples institucións: Axencia Galega de Innovación, Consellería de Educación e Formación Profesional, Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica (Xunta de Galicia), Facultade de Ciencias da Educación e Unidade Woman Emprende da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo (UVIGO), Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC), Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, nodo Galicia (AMIT-Gal), Asociación MujeresTech, e grupos de mulleres tecnólogas en Galicia como GalsTech e Hello Sisters! así como a tenda online Bricogeek.com.