A vogal do CPEIG, Pilar Vila Avendaño, ofrecerá un relatorio no Congreso de Cibercrime e Seguridade, en maio na Coruña

Congreso cibercrime


O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) colabora con SF Formación, xunto ao Colegio de Abogados de A Coruña (ICACOR) a World Compliance Association e Smart Human Capital, na organización do Congreso de Cibercrime e Seguridade Informática, que se celebrará os días 22 e 23 de maio no salón de actos ICACOR (rúa Federico Tapia 11, baixo. A Coruña). 

A delincuencia a través das novas tecnoloxías, xunto ai tráfico de drogas, é a que máis beneficios reporta ao crime nestes momentos. Desde un quebrantamento de condena a través de redes sociais, aos timos das cartas nixerianas, o do CEO, o do nazareno, o phishing, e os delitos contra os activos inmateriais das empresas (como a propiedade intelectual ou industrial)… xa practicamente calquera delito se pode acabar cometendo mediante o uso das novas tecnoloxías, cun risco moi baixo ata a data para o infractor.

Neste congreso estudaránse ferramentas para protexernos destes delitos, a nivel individual e empresarial, examinar a nova perspectiva de defensa, ou as periciais tan novidosas que existen neste ámbito, por exemplo. 

A vogal do CPEIG, Pilar Vila Avendaño, ofrecerá o xoves, 23 de maio, ás 18:00 horas un relatorio sobre os problemas prácticos das periciais relacionadas coas novas tecnoloxías. 

As persoas interesadas en asistir terán acceso a un prezo reducido en caso de pronta inscrición