Curso "Norma Técnica de elaboración de Proxectos de Enxeñaría Informática"

Formación

Curso desenvolto grazas ao convenio de colaboración entre o Consejo General de Colegios Oficiales Profesionales de Ingenieros (CCII) e a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) 

Formato: Curso online 100%

Cando: Do 4 de marzo ao 5 de abril de 2019 (25 horas lectivas)

Canto: Externos (desconto especial 15% por 1ª edición): 51,30 €/ Colexiados/as (desconto 30%): 39,90 € 

Descontos adicionais:

·       Profesores e estudantes UNED (desconto 20%): 45,60 €

·       Profesores e estudantes doutras Universidades (desconto 15%): 48,45 €

·       Fin prazo de matrícula: 24 de febreiro

Obxectivos: 

  • Coñecer e utilizar a Norma Técnica para a realización da Documentación de Proxectos en Enxeñaría Informática, así como a documentación complementaria creada para facilitar a súa aplicación práctica con carácter xeral en calquera proxecto relacionado coas TIC.
  • Presentar exemplos prácticos de proxectos realizados seguindo a norma para examinar e compartir cos asistentes as vantaxes que aporta o seu uso nos mesmos.
  • Coñecer como a norma pode facer que unha empresa mellore os seus niveis de calidade na elaboración e xestión dos proxectos de enxeñaría informática.  

Dirixido a profesionais da informática e alumnos de TFG da ETSI Informática UNED. 

Temario:

1. Integridade documental dos Proxectos de Enxeñaría en Informática

1.1. Motivación no uso da normativa

1.2. Estrutura da documentación do proxecto

1.2.1. A memoria

1.2.2. Os anexos

1.2.3. Os estudos con entidade propia

1.2.4. Control da integridade documental

1.3. Visión xeral

2. Consideracións para o uso da normativa nas empresas que participan en proxectos de Enxeñaría Informática.

2.1. Vantaxes no uso da norma

2.2. Elaboración do proxecto profesional

2.3. Relación coa execución e a implantación do proxecto

3. Exemplos prácticos de proxectos realizados coa normativa 

Sesións síncronas/telepresenciais:

Sesión 1: Introdución, Proxectos de Enxeñaría Informática, Estrutura e memoria da norma

Sesión 2: Especificación. Presuposto. Xestión do proxecto e Anexos relacionados.

Sesión 3: Seguridade, Riscos e anexos relacionados.

Sesión 4: Adaptación ao contorno profesional

Sesión 5: Casos prácticos. Proceso de Visado. 

Metodología:

Curso online 100%

5 horas de impartición síncrona de profesor cos alumnos (no seu defecto os alumnos terán dispoñibles os vídeos das sesións) e o resto de horas de traballo incluíndo debate e resolución de dúbidas asíncrono, traballos prácticos de avaliación, etc., así como horas de traballo independente do alumno. 

Sistema de avaliación: Test de avaliación e traballo final. 

Docente: José Luis Poza Luján 

Inscricións: https://www.fundacion.uned.es/actividad/idactividad/18963