Iniciamos o proxecto tres14.pm, espazo de coñecemento, formación e networking entre colexiados e persoa relevante da profesión

José Julio Fernández Rodríguez

A primeira sesión será mañá na Casa de Europa da USC en Santiago, coa participación de José Julio Fernández Rodríguez, profesor e director do Centro de Estudios de Seguridad (CESEG) 

Comezamos mañá martes, 12 de febreiro, unha nova iniciativa do CPEIG, o proxecto de eventos internos tres14.pm. Nace coa idea de xerar un espazo de coñecemento, formación e networking entre as colexiadas e colexiados e unha persoa relevante para a nosa profesión. 

Esta primeira edición celebrarase na Casa de Europa en Santiago de Compostela (Parque Vista Alegres, rúa Salvadas s/n), entre as 14:00 e as 17:30 horas. O persoeiro invitado nesta ocasión será o delegado de protección de datos da USC e profesor de Dereito Constitucional, José Julio Fernández Rodríguez, que ademais é director do Centro de Estudios de Seguridad (CESEG). 

 

Inscricións e programa: https://www.eventbrite.es/e/entradas-tres14pm-0001-1222019-evento-de-networking-e-formacion-do-cpeig-santiago-de-compostela-56082088035