Isaac Ramiro Freire, gañador do concurso de postais de Nadal do CPEIG

Postal gañadora 2018

O debuxo deste neno de seis anos será a postal institucional coa que colexio felicite as festas

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) fallou o concurso de postais de Nadal de 2018. O xurado do certame acordou, por unanimidade, elixir como gañador a Isaac Ramiro Freire, quen recibirá como agasallo un kit de robótica.

 

A postal de Isaac Ramiro Freire, de seis anos de idade, foi presentada polo colexiado Federico Ramiro González. A postal é a imaxe dunha árbore de Nadal ataviada con adornos típicos destas festas e representada na pantalla dun ordenador portátil co texto “Bo Nadal”.

 

O traballo de Isaac será a postal oficial coa que o CPEIG felicite as festas do Nadal este ano, acompañada da lenda: Cos mellores desexos de paz e prosperidade, a Xunta de Goberno do CPEIG deséxalle Bo Nadal e Feliz Ano 2019.