Convocatoria aberta da sétima edición do Concurso de Postais de Nadal para nenos e nenas de Infantil ou Primaria

postal 2017

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca, por sétimo ano consecutivo, o Concurso de Postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas que estean a cursar Infantil ou Primaria, e que sexan familiares das persoas colexiadas. O número máximo de candidaturas por colexiada/o é de tres. O premio que recibirá o gañador será un kit de robótica.  A súa obra será a felicitación oficial do Colexio para estas datas. 

As bases do certame son as seguintes: 

1.         Técnica: A técnica é libre, podéndose empregar pinturas, témperas, ceras, collage, etc. O formato pode ser vertical ou horizontal.

2.         Datas de entrega: ata as 16:00 do día 16 de decembro de 2018.

3.         Forma de entrega: As candidaturas enviaranse por correo electrónico ao enderezo informacion@cpeig.gal indicando o nome, apelidos, teléfono de contacto e idade da/o nena/o, xuntando a postal dixitalizada en formato jpg ou png e cunha resolución mínima de 300 puntos por pulgada. O CPEIG enviará no prazo máximo de 24 horas un correo electrónico confirmando a inscrición da postal no concurso. Os debuxos non poder conter ningún sinal que permita identificar a autora ou autor.

4.         Xurado:

o   Estará composto por un mínimo de 3 persoas.

o   Calquera colexiada/o que non presente candidaturas e así o solicite poderá formar parte do xurado.

o   O xurado valorará a creatividade e a adecuación ao tema proposto.  

o   Os membros do xurado descoñecerán a autoría das postais polo que estas non poderán conter ningún sinal que permita identificar á autora ou autor.

o   Cada membro do xurado asignará 5, 4, 3, 2 e 1 puntos ás que considere as 5 mellores postais.

o   A postal que obteña a maior puntuación, unha vez sumadas as cualificacións outorgadas por cada membro do xurado, será a gañadora. En caso de empate a obra gañadora decidirase por sorteo.

o   O fallo do xurado farase público na web do colexio (www.cpeig.gal) o 17 de decembro.

5.         Premio: A postal gañadora será a empregada como postal de Nadal do CPEIG para 2018 e o gañador ou gañadora recibirá un kit de robótica.