Mestrados en Big Data e Analítica de Negocio; e Industria 4.0 e Transformación Dixital da IFFE Business School

Mestrados Cluster e IFFE

Como parte da relación establecida entre o CPEIG e a IFFE Business School, achégase información sobre o Mestrado en Big Data e Analítica de Negocio e o Mestrado en Industria 4.0 e Transformación Dixital que están a piques de comezar na citada escola. 

Os socios do CPEIG poderán acceder aos mesmo nunhas condicións máis vantaxosas consistentes en: 

·       Unha redución do prezo da matrícula do 50% para inscricións materializadas por calquera empresa asociada ao CPEIG e para persoas de dita empresa (Prezo final: 7.000 euros). PREZO EMPRESA

·       Unha redución do prezo de matrícula do 40% para persoas de ditas empresas pertencentes ao CPEIG interesadas e que o aboen a título particular de modo directo (Prezo final: 8.400 euros).  PRECIO PROFESIONAL

O Proxecto Fin de Mestrado (PFM) en ambos Mestrados será definido pola propia empresa/profesional e deberá servir como aplicativo do traballado durante o Mestrado. Nesa liña, a Escola aportará todos os medios necesarios para que o proxecto resulte da máxima utilidade. No Mestrado de Big Data, primeira edición, titorizaranse tres proxectos de empresas que os están implantando xa. 

A formación comezará na segunda quincena de xaneiro e estenderase ata outubro en xornadas semanais de venres pola tarde e sábados pola mañá e trátase dunha formación bonificable a través da Fundación Tripartita

Podedes solicitar máis información ao IFFE nos medios sinalados na súa web.