Javier Urra ofreceu o 30 de xuño en Santiago unha conferencia dirixida a pais e nais para educar aos fillos con criterio

Javier Urra

“La red es un instrumento más, y el joven que causa ciberbullying a través de las redes sociales también lo hace en el colegio” 

 

A charla, organizada polo CPEIG, celebrouse no Edificio CINC da Cidade da Cultura no marco da 4º Olimpíada de Robótica de Galicia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou o pasado sábado, 30 de xuño, a conferencia do prestixioso psicólogo Javier Urra (Estella, Navarra, 1957), titulada “Educar con criterio e ALGO MÁIS”, que se celebrou no Centro de Innovación Cultural (Edificio CINC) da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela. A conferencia, aberta ao público en xeral, estivo enmarcada nas actividades da 4ª Olimpíada de Robótica de Galicia, da que o CPEIG tamén é entidade organizadora xunto á Fegamp e Arkitas.

 

O psicólogo forense da Fiscalía do Tribunal Superior de Justicia, especializado en psicoloxía clínica e psicoterapia – acreditado por la Federación Europea de Asociaciones de Psicólogos– e pedagogo terapeuta, explicou aos pais e nais asistentes á charla o esencial para educar aos seus fillos con criterio. Falou de prevención e intervención, da necesidade do contacto pel con pel e do contacto na rede.

 

Javier Urra pregúntase se os pais e nais de hoxe en día están capacitados para educar aos seus fillos. Segundo o experto, actualmente existen diversos tipos de pais e nais, que se caracterizan por ser inmaduros, sobreprotectores que queren mercar o cariños dos seus fillo ou que acceden á chantaxe dos rapaces, pais que non queren ser auctoritas, ou pais e nais que non saben educar e non teñen criterios. Neste último grupo centrou Urra a súa exposición.

 

O psicólogo explicou aos asistentes como poñer límites aos máis pequenos e dicir que non. Ademais, sinalará os valores máis destacados que todo pai ou nai debe ensinar ao seu fillo: autonomía, responsabilidade, xustiza, conciencia pola problemática social, ser sensible coa natureza, gozar coa beleza, ou estimular a creatividade e espiritualidade. “Los padres deben marcar limitadores de deseos para orientar la conducta de sus hijos. Lo importante es hacer ciudadanos, no clientes” –destacou–. 

 

En canto ao papel de Internet, Urra indicou que se debe ensinar aos nenos e nenas a ter respecto polos demais e pedir perdón. “La red es un instrumento más, y el joven que causa ciberbullying a través de las redes sociales también lo hace en el colegio”–considera o experto–.