O CPEIG reúne a expertos en ciberseguridade de Google e Microsoft nunha xornada que se celebrará o 31 de maio na EGAP

Logo xornada ciberseguridade

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza o vindeiro 31 de maio  a “III Xornada de Ciberseguridade en Galicia, co patrocinio da firma Emetel e a colaboración de Abanca, Symantec, Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) e Campus Innova (UDC). 

Un amplo elenco de expertos en ciberseguridade daranse cita en Santiago de Compostela nesta xornada que se celebrará en horario de mañá na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Con esta actividade, o CPEIG conecta co reto da seguridade e a privacidade, unha das principais preocupacións de cidadáns, empresas e Administracións Públicas. 

 

A asistencia ao encontro é aberta, previa inscrición en https://iii-xornada-ciberseguridade.eventbrite.es.