Fernando Suárez falará de ciberseguridade na xornada que a USC organiza sobre seguridade no horizonte 2050

Horizonte 2050

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, ofrecerá unha charla sobre ciberseguridade o vindeiro xoves, 3 de maio, nunha xornada sobre “A seguridade no Horizonte 2050: Visión desde a ciencia e a tecnoloxía” organizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro de Estudos de Seguridade (CESEG). Celebrarase no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC entre as 9:00 e as 14:30 horas.

As sesión serán de 30 minutos e farase unha pausa para tomar un café feito en cociña solar. A xornada está aberta a todo tipo de público, aínda que se divulgará principalmente á comunidade universitaria, polo que a maior parte dos asistentes serán alumnos de másters e profesores.

Máis información: http://www.usc.es/etse/node/10357