Patrocinio do congreso de lanzamento do PMI Galicia Spain Chapter

Patrocinamos o I Congreso do PMI Galicia Spain Chapter​ que se celebra hoxe na Cidade da Cultura de Galicia​ en Santiago de Compostela (Auditorio 1 CINC). O obxecto do evento é promover e desenvolver as boas prácticas da dirección e xestión de proxectos, nas súas distintas áreas de aplicación no ámbito galego, baixo o enfoque de PMI (Professional Management International). O presidente, Fernando Suárez​, participará nunha mesa redonda sobre a profesión de xestión de proxectos xunto a outros expertos. 

 

Máis información: http://lanzamiento.pmi-galiciachapter.org/