O CPEIG organiza coa Fegamp e Amtega unha xornada sobre a nova normativa de protección de datos para concellos

Celebrarase o 23 de marzo no Edificio Cersia de Santiago
Xornada Fegamp Protección de Datos

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizará o vindeiro venres, 23 de marzo, unha xornada técnica e divulgativa sobre o impacto do regulamento xeral de protección de datos sobre a actividade dos concellos e Administracións Públicas, organizada en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega). Celebrarase de 9:30 a 14:30 horas no Edificio Cersia de Santiago de Compostela (rúa do Alcalde Raimundo López Pol). O encontro será inaugurado pola directora da Amtega, Mar Pereira; o vicepresidente executivo da Fegamp, Manuel Mirás; e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez

As Administracións Locais, ao igual que o resto de Administracións Públicas, son responsables e encargadas de tratamentos de datos persoais no desenrolo de moitas das súas actividades. Neste marco, o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) terá un forte impacto sobre os cidadáns, empresas e Administracións públicas, e requirirá un gran esforzo de adaptación ao novo marco legal por parte de todos. 

O Regulamento Europeo de Protección de Datos (RXPD) foi publicado en maio de 2016, entrando en vigor nese mesmo mes, e será de aplicación a partir do 25 de maio de 2018, polo que todas as modificacións no tratamento de datos que deban realizarse terán que estar preparadas para esa data. 

Coa celebración desta xornada sobre o novo regulamento preténdese dar a coñecer dun xeito práctico, obxectivo e participativo as novidades que comportará a entrada en aplicación desta normativa para os concellos, deputacións e administracións públicas. Ademais, servirá para concienciar da necesidade de adaptarse progresivamente ás novidades introducidas antes do 25 de maio del 2018, momento no que será de obrigado cumprimento. Os relatores encargados de explicar estas novidades serán o profesor de Dereito Constitucional e director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG-USC), José Julio Fernández; a directora Xeral de UNIVE Avogados, Carmen Cas; o xefe do departamento de Seguridade en Amtega, Gustavo Herva; e o doutor en Dereito e director do Master Protección e Tratamento de datos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Daniel Neira.

 

Máis información e inscricións: http://www.fegamp.gal/content/xornada-o-impacto-do-regulamento-xeral-de-proteccion-de-datos