Foro tecnolóxico: “25 anos da Rede en Galicia”

Foro tecnolóxicoO diario tecnolóxico de Galicia, Código Cero, celebrou os “25 anos da Rede en Galicia” cun foro tecnolóxico en Compostela co que colaboramos desde o CPEIG. Foi o 12 de marzo no Auditorio 2 do Centro de Innovación Cultural (Edificio CINC) da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela. 

Para dar conta deste momento histórico participaron neste acto, de entrada libre, o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e director do CESGA en 1993, Juan Casares-Long; o subdirector técnico do CESGA e técnico de RECETGA, José Ignacio López Cabido; o responsable de comunicacións do CESGA en 1993, Juan Luis Ruiz Buján; o profesor emérito de Física Teórica da USC, Carlos Pajares; e o autor de “Historia da Informática. Unha cronoloxía”, Henrique Neira. Como colaboradores deste foro fixemos entrega a cada asistente dun exemplar do libro de Neira.

Máis información: https://codigocero.com/Celebramos-os-25-anos-da-Rede-en-Galicia-cunha-xornada-en-Compostela