O colexio asina un convenio co Centro On Caixa Galicia

O Centro On Caixa Galicia fusiona o mundo virtual, Internet e as oficinas físicas de Caixa Galicia.
Un momento do acto de sinatura do convenio co Centro On Caixa Galicia

O pasado 1 de xuño o colexio asinou un convenio co Centro On Caixa Galicia, acto no cal participaron o presindente do CPEIG, Fernando Suárez, e José Venegas Alonso, Director Xeral Adxunto de Caixa Galicia.

Este convenio permitirá aos/ás colexiados/as obter condicións vantaxosas en diversos produtos financeiros tales como depósitos, hipotecas ou préstamos personais.

Na sección de beneficios colexiais pode atoparse máís información sobre este convenio e as súas condicións.