O CPEIG colabora activamente na xornada "A era tecnolóxica" que se celebrará o 16 de marzo en Santiago

Era tecnolóxicaO vindeiro 16 de marzo celebrarase en Santiago de Compostela unha intensa sobre tecnoloxía e mulleres, titulada “A era tecnolóxica: un desafío para as empresas e os seus líderes”, que organizan de forma conxunta AUDICON e a Asociación para el Progreso da Dirección (APD) e coa colaboración activa do noso colectivo, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Executivas de Galicia, Mindset, e Valora Consultores. A xornada terá lugar no Auditorio Abanca (rúa do preguntoiro, 23), entre as 9:00 e as 14:30 horas. 

O obxecto da xornada é reunir a empresas e profesionais de alto nivel en Santiago de Compostela para falar de tecnoloxía, talento e do imprescindible papel da muller no proceso de crecemento das organización. Participará como relatora a directora financeira en Ebay Internacional, Laurent St. Clair, e outros representantes de organizacións como a Fundación Telefónica, Bahía Software, Gamering, Accenture, Gradiant, Clun, Executivas de Galicia, Inteligenz e docentes da Universidade de Santiago de Compostela. 

Máis información e inscricións: https://audicon.es/la-era-tecnologica-un-desafio-para-las-empresas-y-sus-lideres/