O colexio asina un convenio con ADESLAS

O convenio permitirá aos/ás colexiados/as e aos seus familiares directos acceder a produtos de asistencia sanitaria en condicións especiais.

Logotipo de ADESLASO colexio ven de asinar un convenio con Adeslas, compañía que deseñou unha póliza que permitirá aos seus membros acceder aos mellores servizos da sanidade privada, desde os máis básicos ata os máis avanzados da medicina moderna, coas coberturas asistenciais máis amplas do mercado.

Aqueles colexiados/as que contraten os servizos de Adeslas antes do 30/07/2008 non terán períodos de carencia asociados a súa póliza.

Na sección de beneficios colexiais poden atoparse máis detalles sobre este convenio.