O CPEIG impartiu unha charla sobre navegación na rede para alumnos de Primaria do centro Pilar Maestú Sierra da Pobra

Gabriel Ferreiro, docente: “Non fagas en internet nada que non farías na vida real”. Organizada pola Anpa Cadreche, celebrarase ás 16:00 horas no colexi
Navega con RumboO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartiu o 31 de xaneiro, unha charla de balde no Centro de Estudos Profesionais (CEP) Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal (Lugar Cadreche, s/n. Posmarcos), sobre a navegación en internet. A charla, organizada pola Anpa Cadreche, celebrause no propio colexio.
A xornada informativa, dirixida a alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria, pais, nais, titores e profesores, organízase con motivo do Día Europeo da Protección de Datos –efeméride que se conmemorou o 28 de xaneiro, promovida polo Consello de Europa, a Comisión Europea e todas as autoridades de protección de datos dos países membros da Unión Europea–. Estivo impartida polo colexiado Gabriel Ferreiro. O experto explica que internet é un mundo cheo de posibilidades para “aprender, divertirse e comunicarse”, pero usándoo con sentido común.
O colexiado destaca que a navegación por internet serve para comunicarse, a través de correo electrónico, mensaxería, chats ou das redes sociais, e para expresarse de forma máis extensa empregando outros espazos destinados a ese fin como son os blogs. Tamén manifesta que se pode ter un tempo de lecer escoitando música, vendo películas, xogando a videoxogos ou lendo libros en liña ou descargando os seus arquivos, pero sempre de forma legal. E como non, apunta que se pode usar en internet como base documental para facer os traballos escolares, empregando os buscadores para acceder a toda a información que se precise. Outro punto de internet, que cada vez está máis en auxe, son as compras online, e que indica que sempre deben facerse baixo a supervisión dun adulto.
Pero para interactuar de todas estas maneiras, Gabriel Ferreiro recomenda ter control sobre o perfil para non expoñerse innecesariamente a riscos como o phishing (fraude), recibir spam, bulos (correos masivos), software malicioso ou sufrir o ciberacoso, ciberbullying ou  grooming ou acoso sexual. O experto argumenta que sempre se debe ter en conta esta frase: “non fagas en internet nada que non farías na vida real”.
Durante a navegación, o colexiado sinala que os máis novos deben analizar o contido que consumen, asegurándose de que non é un sitio para adultos, xa que poden aparecer contidos que firan a súa sensibilidade. “Se ves salgo que che causa impacto non cales, fálao cun adulto” –explica–. 
Para manter un mínimo de seguridade durante a navegación, o experto destaca que as contrasinais deben conter un mínimo de oito caracteres, aínda que o ideal son catorce, combinando letras maiúsculas e minúsculas, números e símbolos. E no caso dos pais, nais e profesores, destaca que deben fomentar a comunicación, estar receptivos e usar programas de control parental.
Na navegación débese ter en conta o papel fundamental da privacidade. O colexiado indica que se debe ter coidado cos datos, fotos (sobre todo de menores), información persoal, da familia ou dos traballos, sempre pensando antes de publicar. Explica tamén que cando se interactúa na rede, os rapaces deben empregar alcumes e nicks axeitados (non empregar nunca o nome real, nin a idade ou ano de nacemento) e tampouco usar a webcam, non citarse con alguén fóra da rede ou publicar fotos sen consentimento dos fotografados.
Nas redes sociais, Gabriel Ferreiro lembra que a idade mínima para ter un perfil é de 14 anos, excepto en redes sociais específicas para menores, como Blindworlds ou Chaval.es, e sempre coa vixilancia dos pais ou titores encargados de velar pola súa privacidade.
En situacións de ciberacoso, moitas veces entre os propios rapaces, como é o  ciberbullying, os menores poden recibir insultos explícitos, burlas, ameazas, chantaxe, sen o branco para difundir rumores, manipulación de imaxes ou a difusión de información inadecuada. Nestes casos, o experto destaca que se debe denunciar ao intimidador.
10 consellos básicos contra o ciberbullying
1. Non contestes ás provocacións, pasa delas, conta ata cen e a outra cousa2. Compórtate sempre con educación na rede3. Se alguén te molesta, abandona a conexión e pide axuda4. Non facilites datos persoais, estarás máis protexido5. Non fagas nunca en internet o que non farías en persoa6. Se te acosan, recolle e garda probas7. Acude ao xestor do servizo online sen dubidalo8. Nunca creas que estás de todo segur@ ao outro lado da pantalla9. Advírtelle, a quen abusa, de que está cometendo un delito10. Se notas ameazas graves, pide axuda con urxencia
E para os adultos, Gabriel Ferreiro sinala que deben formarse e informarse para coñecer o regulamento de boas prácticas no uso das TIC, en cuestión de horarios, páxinas ou compras. Destaca tamén que o ordenador debe estar mellor nun lugar común da casa, con algún sistema de filtrado de web e programas de control parental instalados. Ademais, considera que os pais deben coñecer as contas de correo, alias e contrasinais  que usan os seus fillos, e de vez en cando navegar con eles para collerlle confianza e afinidade.